Monday 29 de April de 2024

A olaría de Buño entra a escena durante o confinamento: a mellor decoración terá premio


A asociación Oleira e a Concellaría de Olería do Concello de Malpica impulsan un concurso de debuxos para pequenos e maiores cuxas persoas gañadoras verán feito realidade o seu deseño.

A asociación Oleira e a Concellaría de Olería do Concello de
Malpica impulsan un concurso de debuxos para pequenos e maiores cuxas persoas
gañadoras verán feito realidade o seu deseño: unha peza orixinal en olaría de Buño.
O concurso, baixo o cancelo #eupintounhapezanacasa consiste en deseñar nunha
plantilla xa creada pola organización con motivo libre. Con esta mesma etiqueta virtual,
a publicación con máis ‘gústame’ será a gañadora: unha peza orixinal feita en olaría de
Buño!
Esta iniciativa dividirase en dúas categorías: adultos (maiores de 16 anos) e infantil
(menores de 16 anos). A data límite é o 30 de abril. Toda a información, na páxina de
Facebook da olaría de Buño e do Concello de Malpica.